Upgrade
Visita á praia de Cabanas e ás Fragas do Eume.
29-06-2010

 O pasado día 27 oito dos nosos usuarios, xunto a Toni e Antonio, dous profesores voluntarios, disfrutaron de unha excursión que durou desde as 11 da mañá ata as 7 da tarde, aproximadamente.

A primeira parada foi unha das praias máis bonitas da costa coruñesa: a praia de Cabanas. Alí os rapaces disfrutaron xogando ao fútbol, ás cartas e pegándose un baño nunha auga que estaba moi, moi, moi boa (según nos dixeron... ;-)). Na propia praia tivo lugar a comida antes de partir ata o segundo destino: as Fragas do Eume, donde os rapaces quedaron fascinados dunha das paisaxes naturais máis recoñecidos de Galicia pola súa beleza e a súa diversidade.

Evidentemente, durante toda a excursión quitáronse unha gran cantidade de fotos. Aquí vos deixamos unhas poucas:

 

 
 
 
 

 



Voltar ó listado de noticias
LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo