
Empezamos moi ben a semana!
Hoxe pola mañá fumos ao I.E.S Paseo das Pontes a recoller os alimentos que os mozos e mozas deste instituto nos donaron para o noso economato, despois dunha campaña de recollida promovida por Pilar Iglesias e tres das súas alumnas.
Aproveitamos estas liñas para, evidentemente, darlles as grazas polo seu xesto solidario e polo esforzo posto na recollida.
O encargado de recollelos foi o noso compañeiro Antonio, acompañado dun dos nosos colaboradores.
Aquí vos deixamos as fotos.
