
A corporación municipal condena o suceso de violencia de xénero ocorrido na cidade, polo que unha muller resultou ferida e ingresada no hospital coruñés, segundo os primeiros indicios e testemuños, tras ser agredida pola súa ex parella.
A concelleira de Igualdade, Margarida Vázquez, sinalou que se puxeron a disposición todos os recursos municipais tanto para axudar á vítima e a súa familia como para deter o presunto agresor.
A concentración será ás 12:00 horas na praza María Pita.
Nós estaremos presentes e esperamos que ti tamén acudas!
Consulta a noticia do suceso.
