Queremos informarvos que, aínda que comezamos o noso horario de verán, as clases seguirán impartíndose nestes horarios:
Clases de castelán (niveis de alfabetización, iniciación e avanzado): de luns a xoves, de 10 a 12 e de 12 a 14 horas.
Educación Vial: os luns de 12 a 14 horas e os venres de 10 a 13 horas.
Como novidade comentarvos que tamén vos podedes apuntar para as clases de preparación para presentarse ás probas de obtención do graduado en Educación Secundaria (ESO), que comezarán o mes de setembro.
Para
apuntarvos a calquera tipo de clase tedes tres opcións: pasarvos pola nosa
sede, chamar ao noso teléfono
881 89 89 30 ou ben enviarnos un email a
info@equuszebra.es