
O próximo sábado 4 de setembro celébrase en Culleredo o X Festival Reggae, organizado pola Fundación Reggae Festival. Este festival, a cita máis importante para os seguidores deste estilo en Galicia, contará con un gran número de artistas que encherán de música o paseo marítimo de O Burgo durante 12 horas.
Ademais da música, durante a tarde levaranse a cabo diversos obradoiros onde Equus Zebra estará presente, xunto a outras organizacións, para facer as delicias tanto dos pequenos como dos maiores. Faremos para os máis pequenos diversos "Xogos do Mundo", como por exemplo "Non te rías", "Periódicos cooperativos", "Mándoche unha ola", "A centrifugadora", "Os troncos tolos"... Algúns dos nosos usuarios levarán a cabo tamén unha exhibición de loita senegalesa, un espectáculo entre a danza e a loita que sempre gusta ao público. Todo isto amenizado pola música dos nosos percusionistas Pele, Paco e Bebe.
O festival ten a súa propia páxina web, donde poderedes informarvos máis en profundidade sobre o mesmo.
Pola nosa parte só recomendarvos a vosa asistencia, estamos seguros de que o festival vai ser espectacular!
Enlace: Web do Festival.

