Upgrade
Encantados coa aceptación do noso módulo nos cursos da "Rede Coruña Emprega".
22-07-2010
Fai uns días falámosvos dun módulo formativo que a nosa compañeira Verónica, responsable de sensibilización, impartiría en diversos cursos formativos dedicados sobre todo a persoas en risco de exclusión.
 
Neste módulo, titulado "Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social" téntase informar aos alumnos e alumnas sobre que é a discriminación e a exclusión, como afecta na sociedade e varias medidas para combatela.
 
Despois de impartir este módulo, de 10 horas de duración, nos cursos de Instalación de elementos  de carpintaría e no de Coidado de persoas con discapacidades físicas e psíquicas podemos afirmar que a acollida foi excepcional, con moito debate sobre certos temas que fixeron que as horas se pasasen de maneira moi amena.
 
A semana que vén serán os alumnos e alumnas do curso de Instalación de enerxías renovables os que recibirán este módulo formativo e, xa en setembro, impartirase nos cursos de Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas e Electricista de edificios.
 

Desde Equus Zebra esperamos que este módulo teña a acollida que tivo até este momento e desta maneira, continuar co noso proceso de sensibilización. 

 

Verónica (en la fila de abajo, la segunda por la derecha) con la clase de "Cuidado de personas con discapacidades físicas y psíquicas". Sacou a fotos Carlos, outro alumno do curso.

 

 

 



Voltar ó listado de noticias
LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo