
Onte celebramos na nosa sede o Día da Muller coa proxección de unha curtometraxe ("Hiyab" de Xavi Sala), un debate sobre o mesmo e unha pequena merenda con aperitivos varios.
A curtometraxe, que se centraba nunha rapaza que quería asistir á escola co seu "hiyab" e á cal lle poñían trabas, deu lugar a un debate moi participativo, xa que entre os asistentes encontrábanse persoas que defendían o seu uso como elemento relixioso e outras que o defendían como un elemento cultural...
A posterior merenda estaba riquísima: pastas de Marruecos, dulces, tortilla, croquetas...en resumen, que o pasamos moi ben.
Deixámosvos fotos no noso Facebook para que as disfrutedes.
