
Onte a nosa compañeira Verónica, responsable do Departamento de Sensibilización, impartiu unha charla no I.E.S. Ramón Menéndez Pidal de Zalaeta. Do mesmo xeito que a impartida recentemente no I.E.S. de Elviña, a charla tivo como eixo principal a promoción do voluntariado entre os alumnos e alumnas de 4º de E.S.O. Para iso contamos de novo coa presenza dos nosos voluntarios de formación Jesús, Santiago e Moisés. Desde aquí damos as grazas unha vez máis á Fundación Ronsel, que contou connosco para impatir estas charlas dentro do seu Proxecto XES (Xuventude Emprendedora Solidaria).
