
Onte a nosa compañeira Marta Recalde acudiu, en representación de Equus Zebra, á asemblea dos membros do Foro Galego de Inmigración que tivo lugar no Museo Casares Quiroga da Coruña, para ultimar os detalles da organización dun evento que, en principio, terá lugar o domingo 30 de maio en Ferrol e onde se quere celebrar unha xornada de debate, unha marcha pública en defensa dos dereitos dos inmigrantes e un festival intercultural, compartindo un xantar campestre entre todos os asistentes.
