
Facémonos eco dunha noticia publicada polo diario "El País" na súa versión online, na que informa do achado de nada menos que 72 inmigrantes, todos eles "sen papeis", en Tamaulipas (noroeste de México).
Todos eles eran persoas que tentaban cruzar a fronteira para chegar a EE.UU, cando foron extorsionados pola organización criminal "Os Zetas", segundo conta o único sobrevivente de tal masacre, Luís Fredy Lala Pomadilla, de orixe ecuatoriana, que conseguiu escapar e chegar a un posto militar.
Segundo a Comisión Nacional de Dereitos Humanos, os grupos criminais secuestraron a 9.758 migrantes tan só de setembro de 2008 a febreiro de 2009. A cifra extraoficial, é dicir, incluíndo casos non detectados, podería chegar a 20.000 para o mesmo período.
O diario tamén recolle unha pequena entrevista realizada a Mario Santiago, director de investigación de Fundación I(dh)eas, que nos deixa varias frases para reflexionar:
"Todos os días hai secuestros de migrantes que pasan nos trens que van ao norte, se lles extorsiona, e aos que non poden pagar pola súa liberación mátaselles. Ás mulleres fáiselles traballar cos secuestradores ou se lles prostitúe. E a cota varía, desde 50 pesos [tres euros] até miles de pesos, isto último sobre todo cando teñen familiares en Estados Unidos"
"Pero o peor é que non hai persecución nin investigación de moitos destes casos"
Fonte:El País.com

