Upgrade

SENSIBILIZACIÓN E EDUCACIÓN EN VALORES.

Os programas de sensibilización de Equus Zebra entróncanse na labor de integración dos inmigrantes da asociación. Buscan transmitir a realidade do fenómeno da inmigración á poboación de A Coruña, fomentando valores de respecto, solidariedade e tolerancia cara aos inmigrantes.

O punto de partida da sensibilización son os mozos e mozas da nosa sociedade, por iso os programas impártense nos colexios e institutos da cidade. O que se pretende é contribuír a previr a aparición de conflitos nos centros educativos pola continua escolarización de alumnado inmigrante que tivo lugar nos últimos anos. Ademais, queremos dar a coñecer aos nenos e novos a realidade do fenómeno da inmigración e promover o enriquecemento cultural que nos achegan os inmigrantes.

Proxectos

En cada un dos centros lévanse a cabo múltiples actividades como:

·         Cancións de berce. Son un referente para os máis pequenos. A través da posta en común das nanas de cada país, inténtase establecer semellanzas e diferenzas coa nosa cultura.

·         Contacontos. Introducimos aos nenos na fantasía dos contos, adaptados á súa idade, sobre a cultura doutros países.

·         Xogos populares.  Achégase aos alumnos aos xogos tradicionais de cada pais,  antepoñendo o xogo ao triunfo para facilitar a integración.

·         Charlas e videoforum sobre inmigraciónServen para informar ao alumnado sobre diferentes aspectos relacionados coa inmigración como: por que chegan, como chegan, os seus problemas ao chegar... 

·         Día Solidario.  Un grupo de inmigrantes da ONGD Equus Zebra comparte co alumnado de cada centro unha experiencia multicultural coa realización de diferentes talleres e actividades que servirán para afianzar os valores de solidariedade, tolerancia e respecto.

 

 

LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo