
SALA DE PRENSA.
Desde Equus Zebra cremos nos medios de comunicación xa que teñen un labor moi importante en relación co terceiro sector.
Grazas a eles é posible dar a coñecer situacións inxustas na nosa sociedade e o labor que cada organización realiza para reducir estas situacións a través da súa actividade diaria.
Nesta sección atoparás:
· Arquivos de prensa: todas as informacións emitidas por medios de comunicación nas que aparecemos.
· Notas de prensa: todas as notas de prensa que emitimos desde Equus Zebra.
· Manual de relación cos medios: para uso de xornalistas que queiran coñecer as palabras, expresións, etc. que nos agradan e as que non tanto...
· Imaxe corporativa: manual de estilo, logotipos e modelos dos nosos materiais de comunicación externa.
Ademais, si tes calquera dúbida con calquera tema de comunicación, podes poñerte en contacto con responsable chamando ao 881 89 89 30 ou enviando un email a comunicacion@equuszebra.es
