
MISIÓN, VISIÓN E VALORES.
Misión
Traballamos pola integración das persoas inmigradas e das persoas en especial desvantaxe social a través de accións de sensibilización, acollida, formación, orientación laboral, asesoramento xurídico e atención psicolóxica.
Tamén contribuímos, mediante proxectos internacionales, a axudar a outros países a alcanzar niveis óptimos de desenvolvemento social e económico.
Todo isto dunha maneira próxima, flexible e comprometida cos valores de interculturalidad, xustiza e solidariedade, a través de achegas públicas e privadas e grazas á colaboración de persoas voluntarias.
Queremos ser unha entidade fortalecida e consolidada en Galicia e ser unha referencia en temas de inmigración, cooperación e codesarrollo, ofrecendo unha imaxe de rigorosidade, calidade,profesionalidade e seriedade.
Valores
Profesionalidade e rigor: Contamos con profesionais especializados que traballan con rigurosidade para conseguir a maior eficiencia en cada área e transparencia en toda a nosa xestión.
Colaboración: Procuramos aproximarnos ao traballo en rede con outras organizacións para reforzar a nosa misión.
Igualdade e compromiso: Esforzámonos por facilitar a igualdade de oportunidades e dereitos entre persoas, con independencia da súa orixe, sexo, relixión ou calquera outra condición social.
Diversidade cultural: Equus Zebra básase no respeto a toda forma e referente cultural e na defensa da coexistencia global das diferentes culturas.
Voluntariado: O noso equipo de voluntarios e voluntarias traballa, de forma desinteresada, en beneficio das necesidades básica das persoas que atendemos desde a nosa organización.
