Upgrade
COMERCIO XUSTO

Equus Zebra no seu intento de contribuír ao desenvolvemento dos países empobrecidos incorporou aos seus servizos a venda de produtos de comercio xusto, como fórmula para reducir l explotación á que os productores son sometidos.

O comercio xusto contribúe a que as poboacións máis desfavorecidas poidan gozar dunha vida digna grazas ao seu traballo porque se basee nos seguintes criterios

·         Salarios dignos para os produtores/as do Sur, organizados en cooperativas cun funcionamento democrático.

·         Protección dos dereitos fundamentais das persoas, co respecto pola igualdade de xénero e a non explotación infantil en todo proceso produtivo.

·         Elaboración de artigos de calidade, con prácticas respectuosas co medio ambiente e o ser humano.

Os productos de comercio xusto que Equus Zebra adquire ofrécense ao público na tenda da rúa Entrepeñas nº 24, pero ademais conforman o principal actractivo da oferta de artigos que expomos en feiras e actividades. Aquí tes un mostrario: 

Todos os produtos que ofrece Equus Zebra proceden da organización española IDEAS, Iniciativas de Economía Alternativa e Solidaria, que leva máis de 20 anos desenvolvendo o comercio xusto con organizacións do sur (África, América Latina e Asia).www.ideas.coop

 

LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo