
CLASES DE CASTELÁN PARA INMIGRANTES.
Queremos que todas as persoas inmigrantes que se atopan no noso país conten cos dereitos e obrigacións que ten calquera outro cidadán.
O Departamento de Formación de Equus Zebra foi desde o principio un dos referentes no que a formación a inmigrantes se refire.

Durante todo o ano, ininterrupidamente e de forma gratuíta, impártense diariamente clases de castelán divididas en tres niveis:
· Alfabetización (nivel básico, aprendizaxe de lecto-escritura e conversación básica)
· Iniciación (asegurar a escritura e lectura, así como ampliar vocabulario)
· Avanzado (perfeccionamento: lectura, escritura e conversación)
As clases impártense de luns a xoves con horario de 10.00 a 12.00 pola mañá e de 16.30 a 18.30 pola tarde.
En verán estes horarios cambian.
Actualmente o corpo de profesores dispón dunha formación heteroxénea, o que pensamos que é positivo, xa que esta diversidade achega unha maior riqueza á metodoloxía e aos contidos impartidos.
