Upgrade

CHARLAS INFORMATIVAS.

Equus Zebra proponche unhas conferencias sobre sensibilización para realizar nunha Xornada Cultural. É unha oportunidade para que, de forma amena e interesante, os participantes aprendan un pouco máis sobre dereitos, tolerancia, respecto, solidariedade ou simplemente dar a coñecer un pouco máis a cidade multicultural na que vivimos.

 O fenómeno da inmigración en Galicia, foi crecendo progresivamente ao longo dos últimos tempos e é de supor que seguirá en aumento en anos vindeiros. Este proceso que se está dando actualmente, inviste a clásica situación de Galicia. Mentres que fai uns anos, e durante moito tempo, Galicia foi unha comunidade emigrante, agora atopámonos coa situación oposta. Agora son os inmigrantes os que chegan aquí.

Ao ser un fenómeno descoñecido ata agora, xorde a necesidade de achegar a realidade dos inmigrantes á poboación. O continuo aumento na chegada de inmigrantes á nosa cidade, faise perceptible, e cada vez hai máis nenos procedentes doutros países e culturas nos centros de ensino; para tratar este fenómeno, é importante que os mozos de aquí sensibilícense e comprendan o fenómeno da inmigración.

Como son estas charlas?

As nosas charlas responden ás curiosidades e as dúbidas que os participantes poidan ter sobre estes temas; dúbidas que serán atendidas a través da axuda dos nosos colaboradores e dos nosos usuarios, os mesmos inmigrantes.

 Equus Zebra presenta un ciclo de conferencias adaptables ao público segundo os desexos dos participantes, dirixido sobre todo aos mozos, comprensivo dunha introdución a diferentes culturas a través de proxeccións e de material informativo.

Os temas tratados poderían ser os seguintes: Que é a cooperación internacional? Lei de estranxeiría e os dereitos internacionais. Como funciona unha ONGD? A integración dos inmigrantes en España. O Codesarrollo etc..

Ademais poderiamos organizar charlas coas que se pretendería dar a coñecer a realidade coruñesa dos inmigrantes contadas en primeira persoa por algúns dos usuarios de Equus Zebra. Cun debate posterior no que os interesados poderán preguntar, compartir e expresar opinións.

Cal é o obxectivo?

·         Sensibilizar a cidadanía, dando a coñecer a realidade da inmigración e as causas da emigración en contextos como a educación formal.

·         Informar sobre a inmigración en centros educativos, centros cívicos e áreas de  

 
CONFERENCIAS

Custo das conferencias:              

·         Para charlas dentro do núcleo urbano da Coruña…95,00 €

·         Para charlas fóra da Coruña e resto de España…95,00 € + gastos de desprazamento.  

LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo