Upgrade

ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS INMIGRANTES.

Chegar a unha cidade nova require coñecer cal é a súa estrutura: coñecer os lugares estratéxicos e crear mapas mentais para poder desenvolver unha actividade diaria o máis normalizada posible. A unha persoa inmigrante requírelle un esforzo extra, por iso necesita que o arroupen para levar a cabo toda unha serie de trámites.

Por esa razón creemos necesario o servizo de acompañamento a persoas inmigrantes. Para que a integración social, cultural, laboral e cidadá sexa un éxito, os nosos voluntarios acompañan aos usuarios en situacións nas que requiran un coñecemento do lugar exacto, nas que o idioma supoña unha barreira ou, simplemente, nas que o usuario queira que lle acompañen (centros de saúde, de educación, administracións, etcétera).

 

LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo