Upgrade
ACOLLIDA.

O servizo de acollida é o primeiro contacto que teñen os inmigrantes ao chegar á nosa ONGD. Neste primeiro contacto realizamos unha ficha de acollida cos datos máis relevantes, co fin de coñecer o seu perfil e poder traballar de maneira máis eficaz e acorde ás súas necesidades.

En primeiro lugar realízanse os trámites administrativos máis básicos e urxentes como o empadroamento e os referidos aos servizos básicos.

Posteriormente, en función do perfil, márcase un plan de actuación derivándoo aos servizos que ofrecemos que máis se axusten ás súas necesidades.

Pero a acollida non só son trámites administrativos senón que existe un nivel superior, a acollida emocional, o sentirse recibidos, cómodos e a gusto nun lugar de encontro. A acollida compleméntase con outros servizos que ofrecemos como a asistencia xurídica e psicolóxica, o acompañamento, as clases de castelán...

LogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogoLogo